Wednesday 15 de May de 2024

Taller de dixitalización para mulleres da comarca


16 de novembro de 2018. O CIM da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes está a tramitar as inscricións para formar parte dun novo taller de habilidades dixitais básicas. Dixitalizadas consiste nun programa para facilitar e potenciar a participación, empregabilidade e emprendemento das mulleres a través da adquisición de competencias dixitais e do uso de ferramentas tecnolóxicas. Sobresae tamén o obxectivo de reducir as brechas de xénero aumentando a influencia persoal e profesional das mulleres no eido rural.
A dita iniciativa está desenvolvida de maneira conxunta polas fundacións Cibervoluntarios, Mjers e Google.org en colaboración cos ministerios de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
Calquera persoa interesada en asistir poderá inscribirse na oficina do CIM, situada nos baixos da alameda de Ordes, ou ben chamar ao 981680002. A día de hoxe as datas previstas para Ordes son o 19 e 21 de novembro, mentres que en Trazo serán o 10 e 13 de decembro. En ambos os casos o horario será de 10 a 13 horas.